ALLARIZ

Vinte alaricanas reciben o diploma do Programa Clara de formación

clara_allariz_result
photo_camera As asistentes aos cursos, co alcalde en funcións de Allariz, Francisco García.

O acto de entrega dos diplomas tiño lugar a mediodía de onte no salón de plenos do Concello de Allariz, nun acto que presidiu o alcalde en funcións da vila, Francisco García.

Vinte mulleres recolleron onte os diplomas dos módulos específicos que se impartiron no Concello de Allariz dentro do Programa Clara. Esta iniciativa estivo organizada entre o Concello de Allariz, o Instituto de la Mujer e o Fondo social Europeo. O obxectivo fundamental do Programa era incrementar a empregabilidade das mulleres e mellorar as súas expectativas e a súa calidade de vida, a través do seu desenvolvemento persoal, así como para melllorar as súas cualificacións para o emprego.

O acto de entrega dos diplomas tiño lugar a mediodía de onte no salón de plenos do Concello de Allariz, nun acto que presidiu o alcalde en funcións da vila, Francisco García.

Un total de vinte mulleres recolleros os seus diplomas pertencentes as dúas ramas de formación elexidas. Por un lado, estivo o curso dirixido á formación no ámbito da "Patronaxe con montaxe de prendas", e paralelamente impartiuso o curso de "Deseño de productos turísticos". Estes dous cursos foron elexidos para o seu desenvolvemento dentro do Programa Clara tendo en conta a motivación das alumnas, as necesidades de allariz e os posibles nichos de emprego existentes na zona.n
 

Te puede interesar