065: un bo servizo ¿mal xestionado, mal coordinado?

Teño unha minusvalía de grado III, nivel 2, que na antiga valoración era do 99 por cen. E a segunda vez que pido este servizo. Na primeira, para ir a Ourense, fun ben atendido, anque non podían traerme de volta. Agora tiña cita para a dentista, na Valenzá-Ourense, o pasado día 7, ás 11:15. Chamei ó 065 con máis de tres semanas de antelación (hai que chamar máis de 8 días antes) e quedaron en recollerme na miña casa ás 10:30, e na clínica ás 12:30 segundo lles pedín.
Ese día, ás 10:20 xa estabamos miña irmá mais eu agardando na beirarrúa. As 10:32 chamo, comproban (deume a impresión de que se esqueceran. Non terán axenda...?) e dinme que xa ven un coche a buscarme e que en dez minutos está aquí.

Agardo, e ás 10:54 volvo chamar. Que é cousa dun momento, que ten que estar a chegar... As 11:08 chamo de novo e dígolle que grazas polas molestias, pero que xa non preciso o servizo. Deseguida chámame a acompañante do coche que viña a buscarme (que era a mesma da primeira vez) e dime que andaban a buscarme polos pobos da estrada de Santa Mariña, anque logo confesou que lle dixeran que era en Allariz-Allariz.

Chegaron dalí a uns minutos e consentín que me levasen, anque, como me supuña non fun facer nada, pois cheguei á clínica a iso das 12 horas, estaban atendendo a outro cliente e a dentista nin puído mirar que me pasaba, xa que ás 12:30, esta vez puntualmente, chegou o coche para traernos de volta.

Tan difícil é ter a axenda ó día...? Nestes tempos de GPS e móbiles parece de risa que anden dando voltas porque non dan co enderezo da persoa que van recoller.

Te puede interesar
Más en Cartas al director