25 veráns deixando pegada

Vinte e cinco edicións dos campamentos urbanos en Auria e 841 nenos e nenas, adolescentes e xente moza que participou este verán desta oferta libre, aberta e gratuíta que se levou a cabo entre o 1 e o 14 de agosto. Co Campamento Urbano puidemos descubrir unha cidade chea de recursos para gozar do tempo libre, coñecer persoas e entidades que traballan nela para facer posible que o pasemos ben, coñecer espazos e actividades para aproveitar o tempo de lecer, facer novos amigos e amigas, xogar, cantar...
Desde a organización do XXV Campamento Urbano queremos transmitir o noso agradecemento a quen fixeron posible que este proxecto se puidera levar a cabo un verán máis:

Grazas a todas as nenas e nenos, mozas e mozos que vivistes e gozastes desta aventura do Urbano. Grazas ás familias que depositastes a vosa confianza en nós. Grazas ás 148 voluntarios e voluntarias que dedicastes o voso tempo aos demais. Grazas ás persoas particulares, aos organismos públicos e privados e ás 157 entidades (algunhas dende o anonimato) que apostastes de diversas maneiras por este soño de Amencer. Grazas aos medios de comunicación social que anunciastes e informastes este campamento á cidadanía, en concreto a La Región.

Grazas á Concellería de Xuventude do Concello de Ourense polo seu apoio incondicional. Grazas á Obra Salesiana de Ourense polo seu apoio, paciencia e doazón desinteresada en todo momento. Grazas, en definitiva, a todas as ourensás e ourensáns que soñastes connosco unha forma alternativa de gozar do verán na nosa cidade. Sen a vosa colaboración, o milagre do Urbano non sería posible.

Tamén pedimos disculpas se polo desenvolvemento do Campamento Urbano creamos algunha situación non desexada á cidadanía.

Te puede interesar
Más en Cartas al director