así non, señor feijóo, así non

A piques de rematar a lexislatura, as escolas infantís continúan a depender da Consellería de Traballo, enmarcadas no Consorcio Galego de Benestar. Feijóo deixou claro que pasarían a Educación. Pois ben, como exemplo de conciliación de vida laboral e familiar, Benestar está a reubicar os traballadores das escolas infantís, obrigando a educadoras de Ourense a trasladarse á zona da Costa da Morte ou á Mariña lucense, despois de teren superado procesos selectivos hai case un lustro e acadar praza en determinados concellos de Ourense.
Estas educadoras, que non chegan aos mil euros de salario, teñen na súa maioría nenos pequenos e están facendo fronte a hipotecas. ¿A qué cabeza pensante da Xunta se lle ocurriu que agora deben trasladarse á Costa da Morte, cando ademais hai escolas en Ourense que están ocupadas por persoal contratado e outras que van abrir en breve?

¿Consorcio de Benestar? Así non, señor Feijóo. Así non. A vostede non lle importaría trasladar a sede da Xunta a Ribadeo, dado que non ten fillos pequenos (e supoño que a súa vivenda en Vigo non ten hipoteca).

Te puede interesar
Más en Cartas al director