Cachimbas de Vide

En xaneiro é tempo da poda. Eu aprendín a podar co meu pai. Dende moi rapaz acompañar a meu pai no tempo da poda era un verdadeiro divertimento. Eu tan só lle xuntaba as vides que el ía ciscando pola viña, pois era moi cativo e non me deixaba andar coa tesoira. Para min era unha ledicia ollar ao meu pai diante dunha cepa con xesto de observador, estudando por uns segundos por onde tiña que comenzar a empregar a tesoira.
Eu soamente estaba pendente da súa faciana, porque sabía que cando nos seus beizos xurdía un leve sorriso, entón iso significaba que tiña algo para mín. Aquel sorriso que eu soamente captaba, traía consigo un anaco de cepa que meu pai cortaría para entregarme. Ese anaco de cepa sempre tiña a figura dunha cachimba. Había veces que en cada viña xuntaba máis de catro cachimbas e que eu gardaba nun recuncho da viña para levalas despois para a casa.

Daquela cando chegabamos á casa, miña nai sempre tiña a lareira encendida. Meu pai sacaba as chas e poñía unhas zapatillas que estaban ao pé do lume. Eu botaba man das cachimbas de vide e sentado a carón das lapas, comenzaba o meu traballo. Tiña un pequeno arame espichado nun pauciño o cal introducía nas brasas. Cando ollaba que comenzaba a poñerse roxo, entón collíao e moi de vagar íao metendo polo sabugo da vide. Con moita paciencia e repetindo unhas cantas veces a mesma operación conseguía fura-la vide con forma de cachimba, dun lado a outro. Lémbrome que tiña unha verdadeira colección de cachimbas de vide metidas nunha caixa de cartón, as cales para min eran verdadeiramente xoias. Ordenadores, videoxogos, consolas, móbiles, televisións e centos de aparellos que nós daquela nunca imaxinamos. Os nosos xogos e o noso entretenemento de rapaces quedaron esquecidos nas néboas do tempo.

Una vez máis hai que dicilo, aínda que nos chamen pesados e aburridos: ¡cómo cambiaron os tempos! 002Modesto Martínez Carballal Gratitud de cercanía El abajo firmante, miembro del Grupo Cristiano del C.M. de Santa Mariña, tanto en nombre propio como del grupo al que pertenezco y Comunidad Cristiana, hace llegar al alcalde, al concejal de Medio Ambiente, y al coordinador de Cementerios, el máximo agradecimiento por el obsequio-regalo que han hecho en este nuevo año 2008 a la ciudad de Ourense: que a partir de Reyes, la Iglesia del Cementerio cuenta ya con calefacción.

Durante muchos años se venía reclamando de las autoridades pertinentes solución a esta necesidad básica del pueblo, máxima en invierno. Siempre se hizo caso omiso al problema. Y hoy, lo que parece estar en el olvido, llegó a ver la luz del día. Gratitud y satisfacción es lo que sentimos por este hecho.

Te puede interesar
Más en Cartas al director