as cafeterías do concello de melón

Como veciño de Melón quero comentar unha información da alcaldesa de Melón sobre a adxudicacion das cafeterías que ten este Concello.
En primeiro lugar, indicar que unha cafetería do Concello situada nas Pozas de Melón xa estivo en concurso e en mans privadas, pero o Concello botou abaixo ese contrato porque o señor Pardellas non quixo cumplir a parte que lle tocaba asumir o Concello, que era poñer os contratos de luz o día para que estivese todo en regra.

En segundo lugar, a persoa que tiña arrendado este local tiña o contrato en vigor por dous anos, máis dous de prolongación, e cando se foi xunto o señor Pardellas co técnico de electricidade e xerente da empresa suministradora, dixolles o seguinte: 'non cambio a luz de obra porque estamos en obras'. Agora a pregunta é a seguinte: ¿Cómo este señor aluga un local sen ter as cousas o día? ¿Se chega a pasar algo, quén é o responsable? Supoño que pasaría o de sempre, Pardellas inadvertido e sen problemas, que cargen co morto o resto.

En terceiro lugar tamén quero sinalar que aparte de que non se cumpriron os contratos por parte do Concello, este tipo de negocios que montou son un acto de perxucio contra os outros locais, porque ¿onde se viu que un concello faga de empresa privada montando restaurantes, cafeterías, etcétera?, motivo polo que tivo que pechar algún que outro establecemento que daba menús, porque os do Concello, subencionados, o tiñan a 5,50 euros, facéndolles competencia desleal.

Te puede interesar
Más en Cartas al director