CARTA ABERTA O SEÑOR NUÑEZ FEIJÓO

Señor Feijóo: En relación o acontecido na 'presentación' que fixo en Ourense, declarou vostede aos medios de comunicación que 'Os galegos son elegantes e tolerantes'. Estas declaracións fíxoas co ánimo de menosprezar a quen ali estabamos (por afora, claro). Sobre esto queríalle puntualizar que nós tamén somos galegos, e saiba que os incidentes que houbo foron producidos, ou máis ben inducidos, única e exclusivamente por tentar a policía botarnos fora da explanada, que como ben sabe é moi grande e deberíamos caber todos.
Entendo que uns rapaces detrás dunha pancarta, defendendo a educación pública, é uns traballadores detrás da pancarta en defensa da sanidade pública resultaramos molestos porque se deslucía o acto de propaganda que tiña programado. Pero non sei se eso lle da dereito a poñer á policía a empurrós contra quén estaba amosando a súa opinión de forma pacífica, como sempre se fixo en todos os actos convocados dende a Plataforma Sanitaria, e vostede sabeo.

Honradamente penso que en Ourense hai razóns abondo para esta e moitas máis protestas, xa non valen as promesas, acaba a lexislatura e ¿qué temos?... Un hospital pechado os outros case que caendo, dos prometidos centros de saúde só os solares, cada dous por tres doentes amoreados en urxencias, e agora como un gran logro tráenos unha maqueta e así quedará, porque promesas si, pero cartos non. Por certo, ¿cántos pensionistas pagarán por as receitas para cubrir o custe desta parafernalia de presentación? ¿É esta a súa tan cacareada austeridade?

Para rematar, direille que non sei se somos moi elegantes, pero tolerantes temos demostrado que somos (toleramos mesmo o sorriso despectivo dalgúns imputados é algún condeado, invitado ao acto). Visto o visto dubido moito que o sexan vostedes, calar a protesta ca policía non é o camiño, nós non somos delincuentes, somos traballadores que defendemos o que consideramos xusto por dereito, e vostedes queren desfaguer por decreto. Querer calarnos por forza non é tolerancia, e vestir gravata non o fai elegante... Probe a ver se acada a elegancia con feitos, agradeceríase.

Te puede interesar
Más en Cartas al director