a culpa é dos outros

No diario La Región do día 26-05-2011 haiunha entrevista á candidata á alcaldía polo BNG.
A unha das preguntas da xornalista retruca: 'Durante estes anos o BNG sufriu episodios moi convulsos, con tres persoas imputadas e a dimisión de dous tenentes de alcalde'. No mesmo periódico aparece unha reseña da reunión local do BNG na que se analizan os resultados electorais. Algún responsábeis do partido pensan que o afundimento do BNG en todo o país confirma que os paneis non influíron nos maos resultados e dirixen a crítica á propia candidatura por non integrar a todas as correntes. Algúns críticos lle recordan a Isabel Pérez que outros candidatos foron humildes e honestos e puxeron o seu cargo á disposición do partido polos seus malos resultados. Isabel responde que ela non o fará.

Coñezo a Isabel dende hai varios anos, pois coincidimos como ensinantes no mesmo instituto. Téñoa por unha persoa intelixente e por iso non entendo a súa postura ante este feito.

Ela sabe moi ben que a irredutíbel xenreira de alguén foi a causa de que este asunto chegara ata onde chegou e que ningún dos seus compañeiros imputados cometeu delito algún. Por outra parte, estas persoas dimitiron no mesmo momento en que foron encausados inxustamente.

Por certo, onde estaban estas voces do BNG naquel momento? Non oín ninguna delas. Contrasta a súa actitude coa do alcalde, Francisco Rodríguez, que si defendeu aos seus compañeiros de goberno, aínda que non foran do seu partido.

Sexan cales fosen (porque son varias) as rzóns da perda de votos do BNG deberían tamén plantexarse porque deixan aos mellores na cuneta. Que lean o libro de Xosé Manuel Beiras 'A Estrela na Palabra', e que dende aí reflexionen todos os visionarios do partido e todos os profesionais da política que hai dentro. Se o fan con sinceridade atoparán algunha razón máis para explicar os resultados das eleccións do 22 de maio. Ánimo! Hai autonómicas dentro de dous anos.

Te puede interesar
Más en Cartas al director