desaparición dos bonos trimestrais do pabellón

Gustariame saber por que desapareceron os bonos trimestrais do Pabellón de Deportes. Eu son ususaria desde hai máis de 25 anos e antes subscribiame anualmente, porque era a única posibilidade no mes de xaneiro. Recibín coma unha ventaxa a posibilidade de bonos anuais, semestrais, trimestrais, mensuais, semanais e diarios, que me permitía coller os bonos que máis se aproximaban ás miñas necesidades.
Agora esto desapareceu e so quedan os anuais, semestrais ou diarios e gostariame saber o porque. Neste momento so tería posibilidade de pagar un semestre, inda que so podería usar as instalacións un trimestre.

Te puede interesar
Más en Cartas al director