Dora Fernández Trigo

n n nFinou a Dora, unha veciña de moitos anos en Marcelo Macías. Eu lembro cando o Lucho, seu noivo, da Viuda do Lisardo onde asemade libros vendíanse os xornais de tódalas Españas, e os rapaces intercambiamos os cromos coas fotografías do futbolistas de máis sona, e comprabamos o Marca e La Región para estar ao día.
A Dora casou co Lucho, un mozo boísima persoa, que ía os domingos á misa ao Santo Cristo, logo de madrugar e madrugar pra que os kioskos tiveran La Región e os xornais de Madrid. E estivo a beira da Eudosia, que sempre me chamaba Manolito.

A Dora seguiu co negocio dos libros e dos xornais, ollando tódolos días cara a estatua do Padre Feijóo, como un homenaxe ás xentes máis ilustradas do noso Ourense. 'La Viuda' escomenzouse a chamar logo de que finase en poucas datas o Lucho, porque Deus chama prontiño aos seus elexidos, a dos homes bós e xenerosos.

Agora a Dora irase a xuntar de novo co amor da súa vida, co Lucho. E falarán da súa filla María e o xenro Manolo, e dos netos. A familia de Dora emigrou fai moitos anos prá Arxentina, pois daquela en Galicia non había camiño pra dous.

Que o Deus misericordioso e eterno a teña a súa beira xunto co Lucho, e eiquí que a súa familia siga sendo o lugar de referencia na venda de xornais, dende fai moitísimos anos.

Te puede interesar
Más en Cartas al director