FALAR GALEGO SEN MEDO NIN VERGOÑA

Penso que o galego deberíase falar nun ámbito máis amplo a parte do familiar, falalo sen medo nin vergoña. Cando me poño a pensar na xente que o fala paréceme moi afortunada porque é un gran idioma e sinceramente debería ser falado por todos os galegos.
Vexo que nas noticias, xente doutras comunidades, fala o idioma propio dese lugar ante as cámaras; e eu penso: Por qué nós non o falamos ante as cámaras de Galicia? Por qué algúns políticos galegos falan no telexornal en castelán? Acaso nos avergoñamos de ser galegos? Pois se é así deberiámonos plantexar se seguir vivindo en Galicia.

Te puede interesar
Más en Cartas al director