había unha vez un circo

Se non fora que tratábase dunha homenaxe póstuma a un dos forxadores da historia no século pasado, Nelson Mandela, penso que moitos dos políticos asistentes confundiron o Estadio de Johanesburgo cunha carpa circense.
Se unha imaxe vale máis que mil palabras, observando coma Mr. Obama divertíase coa primeira ministra danesa, no mesmo xeito, tamén, Mr. Cameron, está todo dito. Eso, sí, hai que ver as loubanzas que fixeron do difunto. O americano a viva voz. Xa non se lembraba de cando o seu país, ata 2008, consideraba a Madiba e a seu partido, Congreso Nacional, un terrorista, a quen lle negaron a entrada a EE.UU. en 1999. Ao primeiro ministro británico flaqueoulle a memoria, adicándolle ao finado fermosas verbas no libro de condolencias na embaixada sudafricana en Londres, cando compartía cos yankies a condición de Mandela coma terrorista, e habendo sido o seu partido (era Thatcher) un colaboracionista do apartheid.

Tom Crawford, xornalista estadounidense, decía que unha cousa que sempre notei nos políticos é que pra casique todos eles a hipocresía é coma unha droga. E tan adictiva que é caseque imposible que se resistan a ela. Dígamos que interpretaban o rol de trapecistas.

E noso Rajoy? Dixo co líder sudafricano era un exemplo da reconciliación. Sopláronllo, xa que na prensa deportiva, da que é un consumado lector, non lle pudo dar conta de que en Sudáfrica crearase unha Comisión para la Verdad y la Reconciliación. Nela falaron as víctimas e os culpables confesaron os seus delitos. Non houbo castigos, pero si reparación.

O arcebispo Desmond Tutú, un dos promotores, sentenciara: sen perdón no hai futuro, máis sen confesión non poderá haber perdón. Calquera comparanza coa nosa Lei da Memoria Histórica é pura coincidencia.

Esquecéu a oposición do seu partido a chamada Declaración de Bruselas, en prol dunha pacificación en Euskadi, unha declaración firmada, entre outros, pola propia Fundación Nelson Mandela, presidida por este último. Agora ben, ao señor Rajoy hai que engadirlle, amén de trapecista, a sua faceta de pallaso. O que máis lle emocionou foi que naquel estadio, España gañara o campeonato mundial de fútbol. Non puden evitar de lembrar a Carmen Sevilla cando nun programa de concurso da televisión, a chamada dun concursante, a éste preguntóulle: e ti a qué te adicas? Responde o interpelado: Carmen, é que son parapléxico? Remata a presentadora: uy, qué profesión máis bonita! Así é a Marca España.

Te puede interesar
Más en Cartas al director