AS INXUSTICIAS DO SERGAS ÓS SEUS tRABALLADORES

Gustaríame que superan como son alguns dos contratos que fai o Sergas ós seus traballadores. Hai unha listaxe xeral e varios listados específicos, un deles é o Pool. Ó apuntarse no Pool estanse aceptando as seguintes condiciós: estar dispoñible 24h ó día, os 365 días do ano, durante o tempo que dure a convocatoria. Esto quere decir que algús de nós estamos ou estivemos 2, 3, incluso 6 anos vivindo pegados a un teléfono, sin saber o mesmo día de Noiteboa si cenarías na casa ou non, sin poder ir o cine porque podíante chamar na metade da película, sin poder ir o ximnasio porque non oirías a chamada...
Só podes ir a sitios con cobertura móbil, e non moi lonxe do traballo porque incluso che esixen chegar en media hora. Tes que levar o teléfono ata na ducha porque se non respondes a primeira chamada enfurécense contigo. E ademáis disto só podes traballar dez días ó mes; ¿que pouco non?

Preguntaranse donde está o lado bo de todo isto, por qué apuntarse voluntariamente a semellante barbaridade; pois o lado bo non é traballar dez días ó mes sen saber cómo, cando nin donde; o lado bo disto é que nos dan unha puntuación adicional para mellorar na lista de contratacións, como premio á dispoñibilidade total e absoluta ó traballo, si é que se lle pode chamar así.

Pois deben saber que a día de hoxe estase elaborando un novo pacto de contratación, e a administración quérenos quitar esos puntos que son nosos e que tanto sacrificio nos costou conseguir. ¿Qué lles parece?

A nós, os traballadores, parécenos unha inxusticia, e queremos que saiban que non nos poden facer calar, e que non nos vamos a quedar cos brazos cruzados esperando a ver qué pasa.

Te puede interesar
Más en Cartas al director