POS BUENO, POS FALE, POS MALEGRO

Créame señor Montoro, que hoxe estou pola laboura de seren máis positivo ca negativo. Nín é vostede Van Gaal, nin eu son un xornalista holandés. E que non me queda outra. Se a min me houberan cadrado as contas, coma vostede nos seus Presupostos Xeráis do Estado, na miña xubilada profesión, outro galo me cantaría, e non me vería obrigado a mal vivir coa pensión que o seu Goberno ven de concederme.
Afirma, señor ministro, que o seu proxecto presupuestario é o da recuperación. Logo, quere dicir que estabamos enfermos. Hei de otorgarlle, pois, unha condición de galeno, que eu lle ignoraba. Nembargantes, permítame que sexa un pouco escéptico no seu diagnóstico e tratamento, tendo en conta que fai algún tempo fun paciente dun médico, que co seu diagnóstico e tratamento, a piques estiven de emigrar a un cimiterio. Aínda asi, voulle dar un voto de confianza, que non ten que confundir cunha papeleta electoral. Pideme o corpo ser xeneroso. Corresponderlle, xa que vostede tivo a ben a renunciaren ao seu complemento coma parlamentario, sen residencia en Madrid, tendo tres vivendas, que se traduce en 1.823,86 euros ao mes. Non sí? Complemento que coma ministro da Facenda ben sabe está exento de tributación. Velaí unha mostra de que non soio non se van incrementar os impostos se non que se manterán moitas exencións tributarias, sobre todo se falamos da castigada clase política, estamento que será beneficiario cun aumento das partidas aos partidos políticos.

Hoxe comparto con vostede a moral do Alcoyano. A súa comparecencia perante os xornalistas pra explicar tan feliz parida, lembroume o film de José Luis Cuerda 'Amanece que no es poco'. Unha epopeya do absurdo. Ao final, o importante, coma moralexa, e que trala noite, virá o día. Amence que non é pouco. Alomenos, ninguén poderá quitarnos o sol. O debandito cineasta dirixiu a segunda parte da serie televisiva 'Makinavaja'. Parrafraseando ao personaxe, digolle que se vostede dí que os seus presupostos son os da recuperación de España, comesta por preto de cinco millóns de ociosos: 'Pos bueno, pos fale, pos malegro!'. Tamén engadir un desexo, coas verbas de Xurxo da Abelenda: 'Que che den bertorella'.

Te puede interesar
Más en Cartas al director