O SANATORIO DE TOÉN

Xa fai ben anos que , como ao longo destas últimas semás, non se fala tanto do Psiquiátrico de Toen: o 'Sanatorio de Toén'.
E unha pena, porque se se houbera falado antes non estaríamos na situación actual. Se se falara antes xa se terían tomado medidas ao respeto do edificio en cuestión porque entendo eu que ese é o fondo da cuestión, ¿ou non? Aínda que para moitos políticos ou profesionais que no seu momento se formaron aquí, o lugar lle chirríe porque isto se quedou obsoleto, anquilosado para os conceptos integracionistas da psiquiatría moderna. Toén foi un referente no seu tempo, e ségueo sendo con novas tendencias, a veces extremistas, máis ou menos acertadas.

Se isto é así asáltame unha dúbida que me leva a preguntárlle aos políticos actuais, aos que estiveron, e aos que estiveron antes durante 15, 16 ou 17 anos ininterrumpidamente, ¿cal é o motivo polo que, según lin dalgún parlamentario, que dende o ano 1989 non se acomenteron obras nun edicicio que data dende o ano 1958-59? Vistas as fotos da prensa sería a pregunta que se faría calquera usuario da Sanidade Pública.

Pois ben, aclarar que efectivamente o reflexado na prensa si e o Sanatorio de Toén pero non se corresponde coa realidade onde os profesionais prestamos asistencia de primeira a pacientes que, comparados con outras patoloxías son de segunda: non se tomou ningunha foto salvando a da pancarta, do edificio principal, residencia dos pacientes, só interesou sacar a parte ruinosa non utilizable que pola xestión no seu momento da xerencia correspondente intentou reciclar o edificio, pero a media obra acabouse a partida presupuestaria e así quedou para as silvas , os toxos, en difinitiva, un edificio ruinoso co que convivimos traballadores e pacientes.

Toén non está en ruínas, temos un entorno privilexiado para este tipo de pacientes, tanto espacio natural como pobos ao redor onde o paciente non é un 'tolo da Conchada' senón que é un 'enfermo da Conchada'. Acondiciónennos o hospital, fagan un novo, pero por favor, non disfracen a realidade en aras de maximizar beneficios como se dunha empresa privada se tratase, porque os cartos son de todos, e todos somos usuarios, incluso as personas con patoloxías psiquiátricas.

Te puede interesar
Más en Cartas al director