silencio celestial

Agora que é o momento, non se lles ve. Ningún deles asoma. Non se sabe onde están. Ninguén o sabe. Agora que no prato de cada día hai cada vez menos onde mollar. Calan. Calan cando deberían falar. Aínda que o silencio case sempre di máis que as propias palabras.
Chégalles a inspiración divina cando toca tratar asuntos relacionados co sexo, o embarazo ou o divorcio. Son capaz, eu, de imaxinarme ao cardenal Antonio María Rouco Varela sen pegar ollo e completamente asolagado por estas preocupacións. Pola contra, as recentes medidas de corte e recorte tomadas por este goberno non pouco amigo da Conferencia Episcopal, semellan non ter capítulo na misa dominical. A crítica política, nuns meses, desa-pareceu das súas homilías. Esfumouse. O compromiso moral, que tanto levantaron como bandeira, metérono na sacritía e pechárono con chave.

Será ao mellor este tempo de invernía que os acovarda. Que non os deixa facer. Será tamén que nada disto vai con eles. Será. Posiblemente.

Te puede interesar
Más en Cartas al director