UXÍO NOVONEYRA

Uxío Novoneyra (Parada de Courel, 1930-Compostela, 1999) foi un poeta e escritor de familia labrega, sendo coñecido como o poeta do Courel, pois a súa terra foi o principal referente dos seus versos. Estudou bacharelato en Lugo capital e, despois, matriculouse por libre na facultade de Filosofía e Letras en Madrid, onde traballou na radio e na televisión en programas culturais e literarios. Regresa ao Courel e máis tarde trasládase a Santiago de Compostela, onde exerce como presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Coñeceu e tratou a Manuel María, Maside, Otero Pedrayo e María Mariño.
As súas principais obras son: Os Eidos (de 1955), Elexías do Courel e outros poemas (de 1966), Poemas caligráficos (de 1979) e Muller pra lonxe (de 1986), entre outras. En 2010 foi homenaxeado, dedicándoselle o Día das Letras Galegas. Galicia sempre está presente na súa obra e a lingua era para el o único sitio onde seguen vivos os antepasados, a única forma audible de supervivencia. Se tivera que escoller uns versos seus, escollería estes, referidos a Galicia: libre pra servir / libre pra non ser, / libre pra morrer, / libre pra fuxir.

Te puede interesar
Más en Cartas al director