VIANA. A QUEN CORRESPONDa

n n nSomos varios veciños de este pobo os que, entre outras cousas, queremos manifestar o que sigue :
1º.- Xá temos dado estas queixas, vai longo tempo, de maneira oral, con respeto e educancia.

2º.- Non hai dereito a que o ciminterio esté no abandono en que se atopa.

3º.- A herba pódese segar. Pior, na parte nova? ¡de verdadeira vergonza!

4º.- Van máis de tres, si, tres anos, que non recollen o lixo baixando as escadeiras; hai unha morea de basoiras, flores, coroas, herba, etcétera, amontoados.

5º.- Recoñecemos que hai xente moi incívica e non ten por que acochambrar o camposanto, tendo contadores para botar a merda.

6º.- Que poñan uns carteis coas normas de limpeza para iste lugar e os que non as cumplan, multa o canto.

7º.- Que se revisen as portas de entrada ó cemiterio e non estén abertas de par en par? e volveremos atoparnos con burros pacendo onde durmen os nosos seres queridos como nun tempo.

8º.- Non nos parece? que a follarascas e demáis se tivese donde o muro -frente o Concello? a finca dos señores Colemáns, pois demasiado emporcada está.

Pedimos se tomen en consideración as nosas xustísimas queixas. E aínda non o decimos tódo. Pódese ver todo o que nomeamos, pois á vista está.

Te puede interesar
Más en Cartas al director