Xosé ramón gonzález alonso, párroco de verea

n n nBenquerido amigo Xosé Ramón: Velahí a carta que nunca pensei, nin moito menos desexaría ter que escribir. Unha carta chea de torpezas, de verbas deshilvanadas propias de quen non ten ningunha cualidade literaria, pero, eso si, chea tamén de sinceiridade, de cariño e de intensa e fonda do po-la túa marcha.
Deixáchenos de súpeto, silandeiramente, tal como adoitabas faguer ti as cousas. Ise corazón xeneroso e cheo de bondade deixou de latexar. Coma se non quixeras molestar. Ti, sempre disposto a botar unha man alí onde fose necesario. Contaxiándonos a todos a túa vitalidade, o teu eterno sorriso. Impartidno cada día clases maxistrais de convivencia, de tolerancia, de entrega ós demáis. Agora tócanos a nós: Ós teus amigos, alumnos e a todo-los feigreses de Verea, Ourille, Gontán e Portela, e a todo-los que tiveron a onra de selo nas outras parroquias onde estiveches, amosar que fomos quén de asimilar e poñer en práctica o que ti nos ensinaches.

Eu manteño no meu teléfono móvil toda-las mensaxes que nos intercambiábamos por Nadal, Fin de Ano, onomásticas e cumpreanos respectivos, agás as do 2013, que coma se fose unha tráxica premonición, cambiámola por unha aperta que nos demos diante da casa rectoral (a túa casa) de Verea moi poucos días antes do teu pasamento. Na miña mente retumban aquelas túas agarimosas verbas de felicitación, mentres na túa axenda anotabas no día 26 de xaneiro actual a data do bautizo do meu neto Álvaro, que xa non poderás levar a cabo: 'Iste ano xa aforramos as mensaxes e cambiámolas por unha aperta: Felicidades, Manuel, e feliz ano'. Non foi así, Xosé Ramón. Foron unhas festas na compaña da familia, pero empañadas po-la triste n ova da túa ausencia. Unhas festas agridoces. A min gustaríame que algo nesa Praza do Carballo en Verea nos fixera recordar o teu paso po-la parroquia. Que a compartiras con outro gran amigo e gran persoa que tamén nos deixou: Manuel Nieto Rivero, exalcalde do noso Concello. Igual unha placa no edificio multiusos ou algo así. É unha idea. Nós seguiremos botándote de menos por moito tempo.

Ti rematache-lo percorrido por esta vida. Moitos de nós temos a meirande parte do camiño andado. Nese percorrido ímoste estrañar moito. Estrañaremos as risas que nos botabamos na praza antes da misa, cando ti chegabas a toda presa de Ourille e aínda tiñas tempo de bromear con nós. Estrañarémoste en cada intre das nosas vidas porque nos faltará a túa axuda, o teu consello.

Te puede interesar
Más en Cartas al director