Stop Eólicos denuncia os proxectos Mistral e Tramontana

“De concretarse os plans empresariais, a liña entre Lucenza, ao pé do Larouco, e o Alto do Candal, uns vinte quilómetros ao suroeste, tería 73 aeroxeradores visibles dende o Val do Limia”.

A plataforma Stop Eólicos lamenta que unha liña de máis de 70 aeroxeneradores -que se ubicarán cunha distancia de 380 metros- se estenderá dende a Serra do Larouco ata o Alto do Candal, no Parque Natural do Xurés, afectando a Cualedro, Baltar, Calvos e Montalegre.

Segundo advertiron dende a agrupación, os polígonos de Tramontana (ao leste) e Mistral (ao oeste), situados na parroquia de Vilamaior da Boullosa (Baltar) e separados por menos dun quilómetro, darían continuidade á liña do parque de Iberdrola no Larouco, en Cualedro. O desenvolvemento da explotación de Mistral enlazaría co polígono portugués do Cabeço Alto, que linda co Parque Natural do Xurés: “De concretarse os plans empresariais, a liña entre Lucenza, ao pé do Larouco, e o Alto do Candal, uns vinte quilómetros ao suroeste, tería 73 aeroxeradores visibles dende o Val do Limia”.

Te puede interesar