A bolboretiña do día | Camiños e estradas

undefined
Camiño é o nome xenérico que usamos para calquera faixa de terreo que conduce dun lugar a outro, é forma céltica común para os romances ibéricos e galos. Concretando, teriamos se é estreito, unha “corredoira” ou unha “congostra” ou “congosta”. A primeira, lugar onde corren ou discorren os veciños e animais, e a segunda vén dun latín VIA COANGUSTA, ou sexa lugar de paso angosto. Hoxe temos boa estradas -por estaren feitas de estratos distintos de materiais- e tamén autoestradas (que son aínda mellores) que sempre son de pagamento. As autovías, son moi semellantes e o que máis as distingue hoxe (xa veremos dentro dun ano) é que son gratuítas. Non temos que pagar “portaxes”, “peaxes” segundo usemos unha ou outra variante de palabras francesas. A primeira -usada nas autoestradas portuguesas- fai referencia ao que había que pagar ao pasar un porte de mercadorías por unha porta da cidade (portage); a segunda ao que se pagaba por pasar a pé (péage). A verdade parece máis lóxica a forma máis usual das lusas, pois os brasileiros, para complicalo un pouco, chámanlle “pedágio”. En fin, o noso dicionario da RAG que recolle tanto peaxe como portaxe, asume tamén a forma medieval “portádego”. Tres sinónimos.

Te puede interesar