A bolboretiña do día | Nós, sobre todo latinos

undefined
Desde o século XIX buscáronse identidades antigas para afirmar as modernas, froito do romantismo. É a época en que se poñen de moda os pasados íberos, celtas, vikingos, etc. e pasan así a moitos produtos (os cigarros “Gauloises” dos franceses, os “Celtas” en España, Iberia de aviación ou seguros, Celtic de Glasgow ou Bostón, Betis, etc.). Desde ese momento houbo quen renegou da nosa civilizada condición de romanos do extremo do imperio e mitificou outros pasados. O extremo, moi simpático, coñecino en Buenos Aires, en 1987. Alí un pequeno grupiño de ultranonseiqué -boa xente, gaiteiros, despistados- non querían vir ás miñas clases de galego porque dicían era aceptar a dominación romana. Ían, si, a aprender céltico, ás clases que promovía a embaixada irlandesa. Creo que os recibían alucinados. E algo diso había.

Te puede interesar