Bolboretiña | Enforcar

Ás veces hai dúas preposicións moi próximas, case intercambiables: De (ou desde) Vigo a Ourense hai cen quilómetros. Vou a (ou para) Vigo a traballar. Esta dúbida haina en moitas formas derivadas do latín, por exemplo nos adverbios atrás, detrás; enriba, arriba, pero tamén, claro, nalgúns verbos. Así, por exemplo, aprender ou deprender, son dúas formas válidas para o dicionario, aínda que sintamos moitos a segunda como máis vulgar. Estas escollas normalmente resólvense que xeito inercial, que non lóxico, pola presión do castelán en favor da forma idéntica. O dicionario da RAG recolle válidas aforcar e aforcado pero dálle preferencia a enforcar e enforcado. E si, creo que moi ben feito, porque o portugués irmán, non aforca nunca, e descoñece totalmente os aforcados. Que non é pequena razón

Te puede interesar