A Fundación Paideia e FNAC convocan un concurso nacional para artistas noveis de jazz-fussion

El director de cine Fernando Trueba, acompañado por la presidenta de la Fundación Paideia, Rosalía Mera, durante la presentación del concurso Jazz-Fusion 2011.
A Fundación Paideia e FNAC España convocaron o primeiro concurso nacional para artistas noveis de jazz-fussion, onde se premiará a creatividade e a innovación de maquetas inéditas.
A presidenta da Fundación Paideia, Rosalía Mera, e a directora de FNAC en A Coruña, Susana González, presentaron o contido desta iniciativa nun acto que contou tamén coa presenza do responsable de Proxectos de Paideia, Guillermo Vergara, e o director de cinema Fernando Trueba, que integrará o xurado xunto ao comentarista musical Nonito Pereira.

En rolda de prensa, Rosalía Mera cualificou como 'unha boa inversión' este tipo de iniciativas e recalcou que o obxectivo é buscar novos talentos, ao tempo que cualificou como 'unha obriga de todos, traballar polas canteiras'.

Pola súa banda, Fernando Trueba remarcou que este tipo de concursos son 'unha forma de facelo un oco' a novos creadores e insistiu en que permiten 'que non haxa ninguén que, facendo cousas novas, quede sen botar unha man', apostilou.

Os artistas ou grupos que participen non poderán ter editado nin distribuído comercialmente ningún traballo. Cada participante deberá subir ao microsite 'www.fanc.es/factoria' unha maqueta con tres cancións nun arquivo MP3. O prazo de presentación abranguerá do 22 de xuño o 3 de xullo, segundo explicou o director de Proxectos de Paideia.

Te puede interesar