Pulp Books, literatura galega para lectores en español

A literatura dos autores emerxentes que escriben en galego encontrou un camiño para chegar aos lectores en español a través da Pulp Books, unha editorial que mostra nestes días os seus primeiros títulos na Feira do Libro de Madrid.
'Dime algo sucio', de Diego Ameixeras, e 'Querida Catástrofe', de Teresa Moure, dous éxitos da narrativa galega recente, convertéronse en maio nas primeiras publicacións deste proxecto, que é ampliada agora con dous novos títulos, 'Vida post-it', de Iolanda Zúñiga, e 'Fábula' de Xavier Alcalá.

'Queremos dar a coñecer no resto de España a literatura galega contemporánea, as obras que están escribindo os autores máis novos e que están funcionando moi ben entre o público galego', explicou á Efe o editor da Pulp Books, Moisés Barcia.

Todas as obras da Pulp Books foron publicadas orixinalmente en galego en diversas editoriais. 'Escollemos títulos que funcionaron ben entre a crítica e o público -sinala Barcia- e traducímolas para os lectores en castelán que teñan curiosidade por saber que se fai en literatura por estas latitudes'.

A editorial galega estuda a posibilidade de dar o salto á América Latina nun futuro.

'Hai importantes colonias de galegos e os seus descendentes en países como México ou Arxentina, que seguramente estarían encantados de botar un ollo a literatura que se está producindo neste momento en Galicia', indicou Moisés Barcia.

Te puede interesar