A Cámara de Comercio de Santiago lidera unha acción de internacionalización para 31 empresas galegas en Chile e Perú

Unha delegación da Cámara de Comercio de Santiago e un grupo de empresas galegas están a participar nunha misión comercial en Chile e Perú, que se prolongará ata o 13 de novembro. Esta acción de internacionalización desenvólvese no marco do Plan de Fomento das Exportacións Galegas.
En concreto, participan nesta iniciativa un grupo de 31 empresas dos sectores da tecnoloxía pesqueira, o frío industrial, a maquinaria agrícola, os materiais de construción, a enxeñaría, os cosméticos e os vehículos especiais.

Durante os primeiros días, as empresas galegas manterán conversacións con empresarios chilenos, mentres que os últimos os dedicarán a asistir á 'Expo Pesca & AcuiPerú', a única feira internacional especializada en pesca e acuicultura que se celebra cada dous anos en Perú.

Te puede interesar