Verín terá cámaras de seguridade no Entroido

Asistentes durante a Xunta Local de Seguridade.
photo_camera Asistentes durante a Xunta Local de Seguridade.
O dispositivo do Entroido en Verín poñerase en funcionamiento a partir del Xoves de Comadres

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, mantiveron onte a reunión da Xunta Local de Seguridade na que se realizou unha análise da seguridade cidadá. Durante este encontro estudáronse as medidas do Plan de Autoprotección do Entroido dada a relevancia de Verín, ó formar parte do chamado Triángulo Máxico, e a proximidade desta festividade que dará o seu comezo o vindeiro 1 de febreiro.

O subdelegado do goberno solicita que se siga a manter o clima de seguridade que se levou a cabo nos últimos anos.  Para elo, melloraranse os acesos e as medidas de seguridade nas prazas e poñerase especial atención e prevención na convocatoria do pre-entroido co obxectivo de que “que os verinenses poidan gozar do verdadeiro espírito do Entroido sen incidentes”. 

Así mesmo, González solicitou a máxima colaboración doutras administracións, en especial da Xunta de Galicia, coa policía autonómica; así como a colaboración cidadá para o correcto desenvolvemento destes días de festas dadas as grandes aglomeracións que se esperan.

Reforzo

Para unha maior seguridade e información, o Xoves de Comadres haberá cámaras de vídeo vixilancia sumadas ás cámaras da AXEGA. Esta seguridade reforzarase coa axuda de Protección Civil e as forzas e corpos de seguridade do Estado dende o Domingo Corredoiro ata o fin do Entroido.

Pola súa banda, o alcalde, Gerardo Seoane, explicou as medidas do “plan de autoprotección” realizado polo Concello e as forzas de seguridade e que extenderanse durante tódolos días da celebración. 

Esta é a segunda das tres xuntas de seguridade que o subdelegado presidirá nas próximas semanas. Nos vindeiros días celebrarase en Viana do Bolo, cubrindo e analizando as medidas de proteccións que se levarán a cabo nas grandes vilas do Entroido.

En canto á seguridade cidadá, Emilio González aproveitou para felicitar a labor da Comandancia de Verín durante esta última anualidade, resaltando o importante esclarecemento de delitos en máis do 40%, e o desmantelamento da banda criminal que adicouse a robar cable de cobre na provincia.

Te puede interesar