AGE propón unha reforma electoral para “gañar 
en pluralidade"

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) presentou onte unha proposta de reforma da Lei Electoral no "sentido contrario" á do Partido Popular, co obxectivo de "gañar pluralidade" e "mellorar a proporcionalidade" do voto. Ao mesmo tempo, propuxo tamén unha modificación da normativa que regula as Iniciativas Lexislativas Populares (ILP) e a regulación de consultas aos cidadáns.

O voceiro e a vicevoceiro da entidade, Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz, presentaron as iniciativas, que propoñen á espera de decidir que farán con elas e coa súa continuidade parlamentaria. En primeiro lugar, AGE presenta como "alternativa" á proposta do PP unha reforma da Lei Electoral que faga "gañar pluralidade" á cámara. As "claves" desta reforma, explicou Yolanda Díaz, serían cuestións como "o endurecemento do réxime de incompatibilidades", ata chegar "case á dedicación exclusiva"; un mínimo dun escano por provincia, a eliminación da barreira do 5 por cento para os partidos ou a redución das subvencións a partidos políticos.

Así mesmo, propoñen tamén unha modificación da normativa que regula as ILP, reducindo ata 10.000 o número de sinaturas necesarias para presentar unha. n

Te puede interesar