Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras

Agustín Hernández: ‘O AVE debe ser unha oportunidade para as cidades, e o primeiro é o soterramento das vías’

Agustín Hernández, no seu despacho de San Caetano. (Foto: Vicente Pernía)
Agustín Hernández ten nas mans unha das superconsellerías da Xunta: manda nas augas, nos residuos, no transporte, no urbanismo e no medio ambiente. Recoñece que ‘hai que traballar moito’, pero ‘é divertido’.
Cómo se atopa o medio ambiente galego?

Razonablemente ben. Galicia é un territorio agradecido e privilexiado, ainda que é certo que eso non esclúe que existan problemas, nos que a Administración ten que traballar para resolvelos, como é no tratamento das augas e dos residuos, a pesares de que se ten avanzado moito nos últimos anos.

Cre que os cidadáns se sinten concernidos na preservación do medio ambiente?


Tense andado moito no eido da educación, ainda que se partía dunha situación na que existía certo desprezo polo entorno. Eso foi cambiando e as novas xeracións están moi concienciadas sobre a importancia de manter costumes sostibles. Co paso do tempo ise proceso de concienciación cidadán irá en aumento.

Pero seguimos tendo problemas ca cantidade de verquidos.


Si, pero hai que ter en conta que estamos nun territorio complexo, con moitísimos núcleos de poboación que carecen de capacidade financieira para facer frente á depuración e reciclado dos residuos líquidos. Tamén é certo que non existe un sistema contrastado para conseguir a depuración ó 100% dises verquidos tanespallados.

E os residuos sólidos, qué imos facer con iles?


A posta en marcha de Sogama fixo mellorar a situación, pois logrou a desaparición de moitos puntos de verquido incontrolado. Agora, é certo, temos un problema ca capacidade do complexo de Sogama. Para tratar de resolvelo estamos traballando nun novo Plan de Residuos que tratará de establecer unha alternativa, que pasará por ampliar a planta de Cerceda ou ben construir outra no sur de Galicia para equilibrar o sistema de tratamento e reducir o custe do transporte, que é gravoso para o proceso.

Pero non está en cuestión o sistema.


Non. Tampouco o está en ningún sitio do noso entorno, español ou europeo, que o utilizan, nin en ningunha normativa vixente.

Cambiemos de tema. En Galicia fai anos que se fala do transporte metropolitano, pero non se da convertido en realidade e en Ourense trátase dunha mensaxe recurrente cada certo tempo, sendo unha asignatura pendiente.

Si. A Administración anterior e nós mesmos vimos traballando nun novo sistema, para o que temos a intención de que esté funcionando en Santiago, A Coruña e Ferrol, no primeiro semestre diste ano, en tanto que se estenderá ó resto das sete grandes cidades galegas antes de que remate o 2010. Trátase dunha mellora significativa, pois permitirá unha tarifa máis baixa, así como unha subvención dos transbordos, que serán gratuitos. Contará, ademáis, con medidas de apoio, como aparcamentos disuasorios á entrada das cidades, de xeito que os cidadáns poidan deixar alí o seu coche para incorporarse ó transporte público. Sen dúbida constitúe un dos grandes retos e das grandes apostas do Goberno galego a resolver no transcurso da presente lexislatura.

Qué papel lle reserva vostede ó ferrocarril nas comunicacións interiores de Galicia?

É unha cuestión na que teremos que traballar conxuntamente co Goberno do Estado. Nunha visita reciente, o ministro de Fomento (José Blanco) comprometeuse a facer unha reflexión en torno ó esquema de funcionamento das antiguas líneas que queden en desuso con motivo da entrada -en primeiro lugar- do AVE do Eixo Atlántico, así como da mellor utilización para esas infraestructuras e crear a Xerencia de Cercanías en Renfe. Unha vez que funcione ise tren de alta velocidade o lóxico sería que a Xunta asuma esas vías e co ente ferroviario galego, que será o que xestione todas estas competencias, pór en marcha trens de cercanías que suporían un gran aporte para as comunicacións dentro da comunidade nas zonas nas que existe ise tipo de infraestructura.

Ó fío do AVE, sabe vostede que en Ourense existe agora un debate sobre se a sua entra da na cidade debe ser soterrada ou en superficie. Ten algunha posición ó respecto?

A posición da Xunta está expresada no expediente de información pública de Fomento. Pensamos que é importante resolver o by pass de Ourense mediante calquera das duas alternativas que o ministerio puxo enriba da mesa. Paralelamente, Fomento debería iniciar o estudo para o soterramento das vías na cidade, pois creemos que a chegada do AVE -en todas as cidadas nas que está previsto- debe convertirse nunha oportunidade e ise é o primeiro paso.

Qué lle parece que Norman Foster teña amosado o seu interés no proxecto?


Calquera aportación hai que considerala benvida. O que queremos é que se deseñen estacións modernas, funcionais e que contribúan á posta en valor do territorio no que se asentan e á recuperación da fenda que supoñen as liñas ferroviarias actuais para usos urbanísticos e cidadáns. Niste senso a hipotética aportación de Norman Foster engadirá categoría e axudaría a que fose un proxecto emblemático.

Vostede que ten amplos coñecementos de estradas e infraestructuras viarias, explíqueme a incongruencia -ao meu entender- de que cando o AVE chegue á cidade de A Coruña, non se saiba cando o fará a Vigo -dende Ourense-, que está moito máis próxima e, ademáis, é a primeira cidade de Galicia.

Por prazos é evidente que vai funcionar antes a conexión Ourense-Santiago e a de Santiago-Vigo que a de Ourense-Vigo. Eso e así. Pero bueno, o ministro de Fomento xa anunciou o seu compromiso de que Vigo teña no 2015 conexión directa, como debe ser.

En canto ó AVE Oporto-Vigo, formou parte do debate electoral recente en Portugal, qué papel pensa que xogará?

Moi relevante. Sobre todo porque Vigo é núcleo central e punto de referencia do Eixo Atlántico, polo que está chamado a ser o punto sobre o que pivote gran parte do movemento entre o norte de Portugal e a Galicia atlántica ata Ferrol. Tamén sería importante que o tráfico entre Oporto e Madrid circule a través de Vigo. Por tanto, resulta importantísimo que esa línea de AVE sexa realidade nos prazos máis curtos posibles, ainda que é certo que niste momento existen problemas, máis no lado galego, pois estáse tratando de pechar un acordo sobre o trazado na zona de Porriño, Mos e Tui, onde a Xunta aportará toda a colaboración posible. Unha vez definido o trazado, deberíase avanzar con celeridade na confección dos proxectos para esa saída sur, de xeito que os últimos plazos de execución dos que se fala, que están situados no 2015, poidan ser realidade sen perder un minuto máis.

Sobre iste asunto, déixeme que lle apunte outro temor. Temos en Galicia tres aeroportos e o que está facendo o agosto cos pasaxeiros galegos é de Oporto. Non pasará co tren que sexa Portugal o que faga negocio por culpa dos localismos, malia que todo o mundo diga que ise corredor ferroviario será unha grande oportunidade para Galicia?

A visión da Xunta é clara nise senso. É certo que temos tres aeroportos, pero teñen que funcionar coma se fose un só, con xestión unificada. Eso non ten porqué perxudicar a ningún deles; ó revés, beneficiará ós tres, permitindo darlle a volta á situación a convertirse en competencia do Sá Carneiro (aeroporto de Oporto). En canto ó AVE, non hai dúbida. Será unha oportunidade para ambos lados da raia, pois gañaremos unha capacidade de movilidade que agora non existe e unhos tempos de percorrido que agora tampouco existen. Os cidadáns poderán elixir libremente, pero se eiquí facemos as cousas ben e xestionamos os aeroportos axeitadamente, sairemos ainda máis beneficiados.

Cando dende o interior se pide ou se defende algo, dende as grandes urbes e os grandes poderes apélase sempre á necesidade de trascender os localismos e as visións miopes da realidade. Cómo se chama esto?

(Risas) Localismos. A Xunta ten claro que hai que loitar para superar esas situacións. Non hai discusión que para un cidadán de Vigo é mellor que poida viaxar a Bruxelas a través de Santiago que dende o Sá Carneiro, como tamén será mellor que poida facerse esa conexión dende un aeroporto galego que a través de Madrid. Repito, unha xestión equilibrada, mellorará as posibilidades dos cidadáns galegos, a prestación de servizos e, en definitiva, a calidade de vida.s das medidas qu

Te puede interesar