CRISE NA PESCA

O cerco galego pide á Xunta medidas de "futuro e estabilidade"

Concentración dos cerqueiros, acompañados por familias e autoridades, o pasado domingo en Compostela.
photo_camera Concentración dos cerqueiros, acompañados por familias e autoridades, o pasado domingo en Compostela.

Despois de que Rosa Quintana pedria "sentido común", os armadores do cerco solicitan ao goberno autonómico medidas que non supoñan "malos parches".

A Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (Acerga) respondeu hoxe á Xunta de Galicia que quere "futuro e estabilidade" e non "malos parches para unha xestión económica e social insustentable".

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, pediu onte "sentido común" aos representantes desta frota que reclaman unha repartición "xusta e igualitaria" das cotas de pesca, porque "as regras de xogo non se poden cambiar cando está a piques de terminar o partido" e os resultados do sector "son mellores".

Acerga, a través dun comunicado, respondeu ás declaracións de Quintana e afirmou que os armadores piden desde hai tempo cambios no sistema actual, non agora que acaba "o partido".

"No ano 2014 entrou en vigor o Plan de Xestión do Cantábrico Noroeste" e desde entón "Acerga denuncia a inxusta repartición de cotas con todo tipo de actos reivindicativos e reunións", argumenta.

O que solicita esta entidade é "futuro e estabilidade para a frota do cerco" e nega a afirmación da conselleira de que "os pescadores galegos nunca estableceron diferenzas entre uns e outros".

Te puede interesar