INCENDIOS FORESTAIS

Desactivada a situación 2 nos lumes de Porto do Son e Arbo

Así e todo, as lapas aínda non se extinguiron no da localidade pontevedresa, onde arderon 1.580 hectáreas.

O último balance da loita contra o lume en Galicia apunta unha melloría da situación, con ningún incendio superior ás 20 hectáreas de afectación activo, e os de Porto do Son e Arbo sen a alerta por proximidade a casas. Na tarde do sábado hai tres estabilizados (o do Son, en Laza e Avión) e ata nove controlados.

As lapas permanecen baixo control, pero aínda non se deron por extinguidos, en Arbo (onde arderon máis de 1.580 hectáreas), Crecente (unhas 300), Santiago (outras 800), Cotobade (54), Cerdedo (máis de 20), Catoira (49 hectáreas), Narón (41,37) e nas dúas parroquias de Soutomaior que rexistran incendios (Arcade, con 400 hectáreas calcinadas e a parroquia homónima, con outras 230).

Nas últimas horas apagouse o de Caldas, que calcinou 300 hectáreas, mentres que os incendios de Laza e Avión (Ourense), ambos os dous estabilizados pero aínda sen controlar, queimaron unhas 50 hectáreas rasas e 345, respectivamente.

Te puede interesar