Detido un veciño da Pobra en posesión de máis de 200 doses de cocaína

Axentes da Garda Civil detiveron un home de 57 anos, veciño da Pobra (A Coruña), como suposto autor dun delito contra a saúde pública ao ser sorprendido en posesión de máis de 200 doses de cocaína.
Fontes do Instituto Armado informaron hoxe de que a detención se produciu no pasado venres na rúa María Mariño da Pobra, cando os axentes, no ámbito do operativo existente contra a venda de drogas en zonas de lecer e de acordo con investigacións en curso, sorprenderon esta persoa en posesión de sete bolsas plásticas que contiñan cocaína e que ían ocultas nun estoxo para lentes.

A Garda Civil, en vista do exposto, procedeu a deter esa persoa como suposta autora dun delito de tráfico de drogas, ao que lle foron incautados, alén da droga referida, un total de 310 euros.

O detido encóntrase a disposición da autoridade xudicial.

Te puede interesar