Candidato do PSdeG á presidencia da Xunta

Emilio Pérez Touriño: ‘Pido ós galegos o seu apoio para gobernar: a miña forza está nos votos; o límite, tamén’

Emilio Pérez Touriño, no seu despacho da Rúa do Pino. (Foto: Jessica Barcala)
Leva catro anos como presidente da Xunta e traballa para poder seguir no posto. Pide o voto para incrementar o número de deputados e ganar autonomía á hora de gobernar.
¿En qué cambia a campaña sobre a de fai catro anos?

Moitas cousas. Temos unha Galicia diferente, que cambiou a economía da subvención pola da inversión; as peaxes das autovías pola circulación gratuita, os favores polos dereitos, o desorde urbanístico, por un desenrolo cívico e responsable; temos un país diferente, que creou moito emprego, medrou, achegouse a Europa... E hai un candidato que ten a responsabilidade de ser presidente da Xunta dando a cara e respetando a todos igual.

¿Cómo valora a experiencia de gobernar catro anos con outra forza política?


Razonablemente positiva. Dito rápidamente, iste Goberno foi o de máis iniciativas lexislativas de toda a historia da Autonomía, con 53 leises aprobadas, cousa que nunca conseguiu Fraga tendo maioría absoluta. Nunca perdemos a maioría no Parlamento a pesares da exigua maioría; non me vin obrigado a facer una crise de goberno e os catro orzamentos aprobados en tempo e forma o foron despois de ser debatidos, pero sen crispación. Creo que démos confianza e estabilidade o país. É verdade que socialistas e nacionalistas miramos a Galicia de forma diferente, temos talantes distintos, tampouco vemos igual a España e, por tanto, somos diferentes. Aínda así, somos capaces de comprometer unha axenda e unha ruta común de cambio no país, suscrita nun documento diante dos cidadáns. E sempre que xurdiron diferencias miramos qué poñía o contrato que regulaba o contrato de confianza cos galegos, para tratar de resolvelas.

¿A relación respostou a o que vostede intuía?


Probablemente requeriu un traballo máis intenso do que eu preveía inicialmente.

¿De qué se sinte máis satisfeito?


De ter sido presidente tratando de escoitar a todos, de gobernar máis alá dos sectores ós que representa, e de ter tomado medidas como a lei de protección do litoral, que foi valiente e que serviu para defender a preciada costa do proceso de especulación a que estaba sometida; de ter artellado leis como a de vivenda, que incrementará o chan dos concellos nun 40%

¿Quedoulle clavada algunha espina?


Un sempre quere ir más rápido e creo que aínda temos moito camiño por recorrer en asuntos como a Lei de Dependencia -é verdade que acaba de nacer- pola importancia que ten para as persoas que precisan axuda. Fixemos moito, pero é só o inicio.

Fala da próxima lexislatura. Xa non debo preguntarlle pola reedición do bipartito...

Os cidadáns teñen a palabra. Non é un tópico, porque non existen regras escritas de que eso deba ser así. Dependerá do que participen do que se movilicen. Por eso a miña primeira petición é que acudan a votar por responsabilidade, pois a democracia non se constrúe dende as urnas vacías. A miña forza está nos votos e o límite dela, tamén.

Sobre todo nos últimos tempos, o Partido Popular está facen xirar a súa labor de oposición arredor de tres eixos: acusacións de gastos suntuosos pola sua parte, a adxudicación do Plan Eólico e o funcionamento da TVG, que tildan de parcial no seu favor. ¿Qué opinión ten ó respecto?

Trátase dunha oposición pouco útil para o país, que busca dividir, confrontar e crispar. Feijóo se convertiu nunha especie de fotocopia de Mariano Rajoy. A súa posición ante a reforma do Estatuto, na guerra da língua, colócano nunha situación moi pouco galeguista que, sinceiramente, creo que non é boa para Galicia. Vamos a ver: No que se refire ao plan eólico, ahí están as cousas como se facían antes. Nós queremos que sexa unha enerxía que sirva a Galicia, dende o respecto á normativa e a transparencia. Despois da pri meira fase na que a Consellería competente, que é a de Industria, fai a preselección dos proxectos. A partir de ahí cada un diles deberá ser avaliado no ámbito medioambiental, urbanístico-territorial, de patrimonio e cultura e se tivese algún compoñente no eido económico, tamén terá que pasar pola Consellería de Economía. Logo, todo elo deberá ser aprobado polo Consello da Xunta. Por tanto, quero transmitir a idea de que dende o Goberno se vai a respetar escrupulosamente a normativa vixente e o interés da comunidade. En cuanto ó despilfarro... Nada novo baixo o sol. O Partido Popular acuñou un discurso de difamarme con frases como que son aficionado ás festas de Hollywood, porque recibín en Madrid a Martin Sheen e ao seu fillo, onde me presentaron o proxecto para facer unha película sobre o Camiño de Santiago. Por certo, sin pedir nada a cambio, porque xa a teñen financiada e lista para rodar. Querían coñecer ó presidente da Xunta e obter o apoio da Comunidade para rodar en Galicia. A mín paréceme unha cousa positiva, pero ata eso se pode distorsionar. Bueno, é a forma do PP de facer política. Acúsanme de comprar sillas de non sei cántos miles de euros para o Consello da Xunta. Garantízolle que non foron compradas e que ninguén as viu entrar en San Caetano e que naide vai a sentarse nelas, porque sinxelamente, non existen. Creo que teñen medo a perder e por eso non respetan as reglas do xogo.

Non dixo nada da TVG.


Foi un compromiso da campaña electoral, que mantemos. Temos o proxecto prácticamente acabado da lei de reforma da Televisión Galega e, por tanto, entrará no Parlamento na próxima lexislatura para a sua discusión. Pero ten gracia que os que tanta preocupación teñen polo funcionamento da TVG gobernaron durante moitos anos e daquela moito lles gustaba ver o careto do señor Fraga todo o día. Vamos a cambiar a TVG, pero vamos a facelo nós. Estou seguro de que si gobernara o PP ahí non se tocaba nen unha coma.

Outro elemento de discordia, no que o BNG suma as suas críticas, é o do voto emigrante. ¿Qué cre que hai que facer?

Por iniciativa miña creouse unha ponencia parlamentaria que deu lugar a propostas unánimes, sobre as que ten que decidir o Congreso dos Deputados. Afectan a un dereito inalienable dos emigrantes, por elo hai que modificar a Lei Orgánica de Réximen Electoral, probablemente -entendemos nós- creando unha circunscripción electoral para a emigración, como teñen outros países, e para facilitar o voto en urna. Bueno, é certo que temos que entonar un mea culpa, pero todos os partidos, de non ser capaces aínda de lograr o pacto necesario no Congreso entre as grandes forzas políticas para cambiar esa situación. Pero tamén quero decir unha cousa ao seu periódico e dende Ourense: se somos auténticos demócratas, máis alá dos réditos electorais, os dereitos son para ser exercidos e os emigrantes, hoxe, teñen ise dereito, e temos que procurar que poidan cumplilo e non tratar cada día de confundir, desanimar, para procurar que non voten. Só por unha razón, agora, xusto agora, teñen medo ao voto dos emigrantes.

Acaba de mencionar a Ourense. Nesta lexislatura aprobouse un plan de reequilibrio territorial para Galicia interior. ¿En qué medida o considera cumplido?

É unha das iniciativas que máis me apasionaron. Tiñamos, aínda temos, unha Galicia de duas velocidades. Hai que cambiar esa dinámica do interior que se despobla, envellece, que non ten oportunidades, frente á costa, que é unha área moito máis potente. Dende a miña convicción, temos que ter un país de igualdade de oportunidades. De aí naceu o plan, dotado con moitos recursos para discriminar positivamente as zonas interiores, e niste caso concreto, a provincia de Ourense. Como sabe, a primeira medida que tomei foi a de levantar a peaxe da AP-53, pois parecíame inxusto que xustamente os ourensáns tiveran que pagar para desplazarse. Por certo, en moi poucos días -en marzo, seguro- estará en servicio a autovía entre Dozón e Ourense, libre de peaxe, que é unha das cousas das que máis satisfeito me sinto. Acabamos de adxudicar a autovía libre a Celanova. Ourense vaise convertir en plataforma de comunicación e loxística, que porá diante de sí oportunidades como nunca tivo ata o de agora. Ubicamos nesta provincia o Centro de Interpretación da Rede de Parques Naturais de Galicia. Potenciamos o Parque Tecnolóxico e impulsamos a localización de industrias e empresas nas comarcas de Verín, Ribadavia ou Valdeorras. Teño a convicción de que na medida que consolidemos todo iste equipamento abrirase para Ourense un dos seus mellores momentos que logrará revertir a historia.

Te puede interesar