O Foro Enrique Peinador quere incorporar o galego ás empresas

Os tres rectores das universidades galegas, no encontro. (Foto: )
O Foro Enrique Peinador organizou unha nova edición dos 'Encontros en Lestrobe' coa asistencia dunha vintena de empresas e representantes das institucións que o integran, como a Secretaría Xeral de Política Lingüística e os reitores das tres universidades galegas, que se incorporaron hai xa seis meses.
Os participantes no debate coñeceron os avances no proceso aberto de incorporar a lingua galega ás actividades empresariais. Así, foron informados polo presidente do Foro das adhesións de novas empresas e do proceso de galeguización da etiquetaxe de varias marcas comerciais que se unen a outras que xa se comercializan. Segundo aportados polo Foro Enrique Peinador, o sector vinícola é con diferenza o máis galeguizado, cifrándose nun 47% as adegas que etiquetan os seus envases en galego.

A estratexia do Foro Enrique Peinador para o próximo ano centrarase na difusión dos dereitos lingüísticos dos consumidores e usuarios e dos traballadores na negociación colectiva. Para tal fin preparase un acto conmemorativo dos 20 anos de aprobación polo pleno do Consello Galego de Relacións Laborais da cláusula dos dereitos lingüísticos no texto dos convenios colectivos en colaboración con dito Consello.


XERENTES

Unha boa parte do debate adicouse a estudar iniciativas encamiñadas a incorporar aos traballadores e cargos xerenciais ao proceso de galeguización das empresas. Para acadar este fin o próximo ano celebrarase un curso formativo coa participación das tres universidades.

Te puede interesar