A policía sospeita que o corpo é o do fiilo dunha muller de Ribeira que puido botalo nun colector

Investigan a aparición do cadáver dun bebé en Cerceda

O cadáver foi atopado nun dos colectores de lixo. (Foto: MARTIÑO PINAL)
As autoridades están a investigar a aparición do cadáver dun recén nacido o sábado no vertedoiro de Cerceda (A Coruña), onde foran inmobilizados cinco camións procedentes de Ribeira (A Coruña) ao sospeitarse que unha muller, que ten unha minusvalidez psíquica, botara o seu bebé a un dos colectores.
Fontes da Delegación do Goberno en Galicia confirmaron onte que o corpo sen vida do bebé foi atopado este sábado, día 29, nas instalacións de Sogama no municipio de Cerceda. A investigación apunta a que o corpo do recén nacido foi depositado no colector e a busca comezou a noite do 27 ao 28 de decembro.

A Policía Nacional comezou a busca e cinco camións de lixo procedentes de Ribeira foron inmobilizados o pasado venres no vertedoiro de Cerceda para que a policía procedera á súa inspección antes de que o contido do interior fose tratado na planta. Finalmente, deron co corpo do recén nacido o sábado.

O Xulgado número 3 de Ribeira (A Coruña) fíxose cargo da investigación, que pretende confirmar que o recén nacido é o fillo dunha muller deste último municipio que, segundo as hipóteses, deu a luz na súa vivenda e despois se desfixo do menor.

Os feitos descubríronse cando a muller, que non dixera na súa familia ni os seos coñecidos que estaba embarazada, se atopou mal e foi levada ao médico, que na revisión se decatou de que dera a luz recentemente e lle preguntou polo bebé. Foi entón cando ela revelou que o tirara a un colector.

A Delegación do Goberno tamén informoo onte que, polo momento non se produciron detencións relacionadas co caso e que a investigación das causas que poideron levar á muller a tirar o corpo do seu bebé continúa.

Te puede interesar