O litoral da provincia de Pontevedra e Oeste e Sueste de A Coruña estará este sábado en alerta laranxa

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta alerta dun episodio de meteoroloxía adversa que afectará este sábado ao litoral da provincia de Pontevedra e ao litoral Oeste e Sueste da provincia de A Coruña.
Segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das 21.00 horas do sábado, no litoral Oeste e Sueste da provincia de A Coruña, e na de Pontevedra espera mar de fondo, con ondas de 4 a 5 metros, e vento en mar do Sueste de forza sete.

Así, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, Emerxencias, a través do 112, informou da situación de meteoroloxía adversa a todos os concellos costeiros; ás deputacións, aos servizos provinciais e asociacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs naúticos das dúas provincias, entre outros.

Ademais, recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteccióin como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos.

Te puede interesar