Obituario | Miguel López: O “Hematocrítico”, escritor coruñés

Miguel López faleceu este luns aos 47 anos de idade por mor dun infarto

O escritor e profesor coruñés Miguel López, coñecido como “O Hematocrítico” nas redes sociais, faleceu este pasado luns.

Distintos medios de comunicación avanzaron que o autor de libros infantís, que tiña 47 anos e cobrou protagonismo en Twitter (agora X) cun marcado perfil humorístico, estaba no seu domicilio coa súa parella, a tamén escritora Ledicia Costas, cando tería sufrido un infarto.

Costas confirmou o falecemento en redes sociais. “Desde unha dor inmensa teño que contarvos que esta tarde se ha ir o meu compañeiro de vida e a persona máis marabillosa que se cruzou no meu camiño. Esteas onde esteas agora mesmo, grazas”, trasladou.

Dirixentes de distintas cores políticas trasladaron a Costas a súa pesar polo falecemento de Miguel López. É o caso da líder do BNG, Ana Pontón; dos socialistas Gonzalo Caballero e Carmela Silva; ou de Ángela Rodríguez “Pam”, de Podemos, entre outros

Te puede interesar