Los precios aumentaron un 0,1% en Galicia en febrero y la inflación interanual es del 4,4%

O Indice de Prezos de Consumo (IPC) incrementouse un 0,1 por cento en Galicia en febreiro respecto ao mes anterior, co que no que vai de ano rexistra unha caída dun 0,8 por cento, mentres que a inflación interanual se sitúa no 4,4 por cento.

No conxunto de España os prezos subiron un 0,2 por cento o pasado mes e o IPC acumulado no que vai de 2008 baixou un 0,5 por cento. A inflación interanual é tamén do 4,4 por cento, segundo datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
En Galicia o maior aumento dos prezos en febreiro produciuse nas bebidas alcohólicas e tabaco (+1 por cento), seguido do ocio e a cultura (+0,8 por cento), o capítulo doutros (+0,7) e os hoteis, cafés e restaurantes (+0,5 por cento).

Tamén sufriron incrementos a vivenda (+0,4 por cento), o transporte (+0,4) e o enxoval (+0,1). Os prezos mantivéronse estables na medicina e no ensino e baixaron no vestido e calzado (-1,4 por cento) polas rebaixas de inverno, nos alimentos e bebidas non alcohólicas (-0,2) e nas comunicacións (-0,1 por cento).

Por provincias, na Comunidade galega o maior aumento da inflación contabilizouse na da Coruña (+0,2 por cento), mentres que nas de Lugo e Pontevedra o fixo un 0,1 por cento. Pola contra, baixou un 0,1 por cento na de Ourense..

Tras o dato de febreiro, o maior IPC interanual rexístrase na provincia de Lugo (+4,6 por cento), seguida das de Pontevedra e Ourense (+4,5 por cento) e da Coruña (4,3 por cento).

Te puede interesar