O PSdeG organiza unha convención municipal

A secretaria de Coordinación, Acción Electoral e Política Municipal do PSdeG, Mar Barcón, anunciou onte que o seu partido fará o próximo mes de outubro unha convención municipal da que sairá un novo modelo de xestión nos concellos gobernados por esta formación, baseado 'na 'eficiencia e a eficacia'. Trátase, segundo explicou, de dar 'solucións concretas' á crise e de seguir afondando no desenvolvemento das políticas de benestar.
De igual forma, segundo explicou Barcón, esta convención ten por obxectivo 'reflexionar sobre o modelo municipal do século XXI baixo novas coordenadas'.

Te puede interesar