A illa de David Rey

libros

Esta é unha historia de violencia. Odiseo Ruiz vive so, fuxiu da cidade a un pequeno pobo mariñeiro, non pode sair da casa, non pode falar con ninguén, non pode baixar polas escaleiras á planta baixa, non pode sair do seu cuarto

davidreyMais, pois David é un “robinsón” literario, alleo a cenáculos ou capeliñas, habitante desa illa con palmeira (iso si) que o abeire, adicado profesionalmente á avogacía no seu Ferrol natal, a súa presencia física ou literaria nos “media” é, prácticamente, inexistente. Se cadra tanto lle ten, e poisque Rey Fernández ten moi pouco de chorón semella que a arte mamatoria non vai ser pródiga con el. E eu que veño de ler, co meirande interese a súa primeira novela, “La noche grita”, digo que merece lectores. Porque Rey Fernández sabe contar, en doses ou capítulos relativamente pequenos, a historia dun vellote, aíllado nun ambiente seguramente rural, impreciso, ao redor de quen un grupo de cativos, ao Truffaut (de “Os catrocentos golpes”) van argallando un universo de falcatruadas que irán “in crescendo”.

O ruido, exterior e interior, tan protagonista cal o é a fame en “El Lazarillo de Tormes”. Novela dura, elegante na singularidade da linguaxe empregada, que lembra un pouco “Intemperie”, de Carrasco ou algunha das entregas de Sara Mesa. Que Rey Fernández ten un mundo propio, sabiámolo, que escribe que nindiola, tamén, falta agora que se mergulle na atmósfera literaria do país. Que non só de soidades vive o escritor. 

O vellote da novela de David, sen dúbida. Mentres, á súa beira, o cativo do pelo vermello (aquí ninguén ten nome propia, nin falta que fai, David Rey, si) vai artellando ese artefacto polo que transita esa caterva de cativos que ben poderían ter saído daquela película de Ibáñez Serrador, “¿Quién puede matar a un niño?”, mais ultrapasado pols esencias do divino xudeu de Praga. Loar, reitero, a linguaxe empregada por Rey Fernández, pois lisca de certos barroquismos “ad usum”, e non dí máis do quere dicir. Don este último dos escritores ben dotados. E isto non ten que ver co talento poético do escritor ferrolán. Que cando narra non poetiza (nin á inversa).

Te puede interesar