nadal

Abre o prazo para participar como expositor na Feira de Nadal

Os candidatos que queiran montar un stand deberán remitir á organización as ideas e propostas ao redor do seu producto

O Concello de Verín vén de abrir o prazo para que todas as persoas interesadas en instalar unha caseta na vindeira Feira de Nadal poidan inscribirse previamente na planta baixa do Consistorio. Asimesmo, os candidatos que queiran montar un stand deberán remitir á organización as ideas e propostas ao redor do seu producto, así como a decoración do espazo que empregarán. A cuarta edición deste mercadiño celebrarase os días 8 e 9 na Praza do Concello e estará centrada na temática navideña. 

A cuota de participación será de 30 euros e as candidaturas deberán ser formalizadas antes do 26 de novembro de 2018. Dende o Concello de Verín explican que, debido á limitación do espazo, a asignación dos postos realizarase por orden de entrada e temática, polo que é importante realizar a inscrición e pago o antes posible. Os participantes comprometeranse a participar os dous días de feira de 11,00 horas a 14,30 horas e de 16,00 horas a 20,00 horas.

Te puede interesar