ENTROIDO

As Comadres inauguran hoxe a semana grande do Entroido de Verín

Pola mañá, os cativos da vila e do resto da comarca protagonizarán o tradicional desfile infantil

Verín vivirá este xpves unha das xornadas máis agardadas e populares do seu Entroido: o xoves de Comadres, que ademais marcará o inicio da semana grande da festividade na vila. 

Os primeiros protagonistas serán os cativos, concretamente, os nenos e nenas da Mezquita; das casas niño de Monterrei, Cualedro e Castrelo do Val, e dos colexios de Verín e de distintos puntos da comarca. Todos eles percorrerán as rúas máis céntricas da capital verinesa a partir das 11,45 horas. A comitiva partirá do entroncamento de Canella Cega coa rúa Cabreiroá e continuará por Deputación, Luis Espada e Lisa. O desfile finalizará na praza Maior. Nesta ocasión, os nenos  contarán coa música da Banda de Gaitas do Concello de Verín e das charangas Támega, Vakapinta, Mil9, Achicoria, Terra de Trives e Alambique. 

Xa pola noite, serán as mulleres as que manden na vila de Verín co tradicional xoves de Comadres. Os restaurantes da zona ateigaranse de centos de grupos que disfrutarán das actuacións das mesmas charangas. Sobre as 00,30 horas, as mulleres dirixiranse á Casa do Escudo, no Barrio de San Lázaro, dende onde partirá a procesión. Pouco antes, na praza Maior, as discotecas móbiles Enjoy e Gramola estarán animando o ambiente. 

En San Lázaro, a Raíña do Entroido, recibirá a comitiva encabezada por Don Carnal, que descenderá polo camiño Real ata a praza Maior.n

Te puede interesar