Comezan as actuacións do programa "Monterrei Leste"

obradoiro monterrei leste  (1)
photo_camera Arrancan os traballos en Castrelo do Val.
Os alumnos están a traballar en áreas de lecer en Castrelo e en Matamá, ademais do mantemento de zonas verdes

Logo de superar as diversas formacións teóricas do obradoiro dual de emprego “Monterrei Leste II” -concellos de Castrelo do Val, Laza e Vilardevós-, o seu alumnado comezou a traballar nalgunhas das obras que están marcadas para os vindeiros meses, tanto no módulo de albanelería como de xardinería.

En albanelería iniciáronse as obras para construir unha nova área de lecer na estrada de acceso a Pepín (Castrelo do Val). Os alumnos tamén están a traballar no saneamento e arranxo da zona de lecer da Ínsua, en Matamá (Laza), dotada cunha pista polideportiva.

obradoiro monterrei leste  (3)

Xa no módulo de xardinería, os alumnos do obradoiro están realizando as podas e mantemento nas áreas dos tres concellos, comezando pola área do Terrón de Castrelo do Val. Alí, aproveitando as datas festivas, ambientaron a zona con adornos de Nadal feitos de madeira. 

Entre as obras que se van a levar a cabo durante este curso, dende “Monterrei Leste” destacan a área de lecer na Socarreina, en Matamá; a adecuación interior do edifico da Cámara Agraria en Vilardevós e a ampliación dun local na casa consistorial de Castrelo. Ademais, realizaranse os mantementos de áreas recreativas e rutas, como o trazado da Vía da Prata do Camiño de Santiago de Laza, a Ruta do Contrabando de Vilardevós ou  a Ruta de Sendeirismo de Castrelo.

Te puede interesar