Un edil socialista de Cortegada, xulgado por ameazas

Polas presuntas ameazas vertidas contra un veciño do municipio durante a xornada das eleccións municipais

 Os populares de Cortegada esixen a dimisión do portavoz do grupo municipal socialista, Alberto Dantas Míguez, debido a que será xulgado hoxe no Xulgado de Ribadavia, a partir das 10,30 horas, polas presuntas ameazas vertidas contra un veciño do municipio durante a xornada das eleccións municipais do pasado 24 de maio. A xunta local de goberno anunciou que trasladará a petición de dimisión inmediata ao próximo pleno.

O propio alcalde de Cortegada, Avelino Luis de Francisco, manifestou que "os feitos ocurridos ás portas do colexio electoral de Valongo son inaceptables, en tanto que coartan a liberdade de todo cidadán á hora de decidir o seu voto". 
O rexidor engadiu que "o incidente é aínda máis grave en tanto que ten como protagonista a un cargo municipal que tamén representa a todos os veciños do municipio de Cortegada".

Te puede interesar