CULTURA

O museo local bate a marca de visitantes, con 4.000 nun mes

A mostra facilita información sobre a historia do licor café na comarca e dos descritores aromáticos do viño

O Museo do Claustro Mercedario, en Verín, recibiu máis de 4.000 visitas dende a súa reapertura o pasado día 17 de marzo, coincidindo coas festividades do Lázaro, con sendas exposicións sobre a orixe do licor café, os primeiros contactos do Val de Monterrei coas culturas mediterráneas e os descritores aromáticos dos viños da Denominación de Orixe de Monterrei. Na súa primeira etapa, en agosto do 2017, a exposición "Dionisos, 2000 anos de viño en Monterrei" xa tiña sumado outras 8.500 visitas ata o seu peche no mes de xaneiro.

O Concello de Verín, en colaboración coa orde Mercedaria -que este ano celebra o seu 800 aniversario- ofrece na praza da Mercé varios itinerarios expositivos centrados na divulgación dos sinais de identidade do Val de Monterrei. Os visitantes repártese prácticamente nun 50% de turistas de procedencia foránea e de veciños dos concellos da área de Monterrei e do resto da provincia de Ourense. Dentro da Unión Europea, destaca a presenza de daneses, franceses e suízos, ao igual que galegos de segunda e terceira xeración.n

Te puede interesar