CAMINO AL 12-J

Pontón promete en Verín priorizar o apoio á sanidade pública

Na xuntanza apelou ao "espírito e rebeldía" da mobilización de cara ás eleccións do 12-X.

A candidata polo BNG á presidencia da Xunta de Galicia, Ana Pontón, mantivo un encontro con representantes da plataforma Verín non se pecha e persoal sanitario, polos que amosou o seu "orgullo e admiración" pola súa defensa da sanidade pública. Na xuntanza apelou ao "espírito e rebeldía" da mobilización de cara ás eleccións do 12-X.

Pontón comprometeuse na súa visita a Verín con dúas medidas centradas na sanidade pública: "Ímola fortalecer nos primeiros cen días de goberno ao cubrir as 6.000 prazas vacantes do Sergas, lanzando unha oferta pública de emprego inmediata, e un plan de reforzo da atención primaria dotado 200 millóns de euros", prometeu.

A crise da covid-19 desencadea que a candidata do BNG tomase estas medidas como parte do seu programa electoral: "Feijóo pechou camas, deixou no chasis a atención primaria, recortou persoal e precarizou as condicións laborais do persoal", sinalou. Sobre o bono para ocio por valor de 250 euros destinado aos sanitarios, Pontón calificouno como un "xesto indigno". 

Te puede interesar