NATUREZA

A Xunta agarda a proposta para o parque de Tamagos

A Consellería de Infraestruturas agarda que o Concello de Verín concrete a súa proposta para mercar parte do parque empresarial de Tamagos,

A Consellería de Infraestruturas agarda que o Concello de Verín concrete a súa proposta para mercar parte do parque empresarial de Tamagos, na que acredite "a viabilidade técnica e económica" do proxecto que pretende executar. Así o indica o departamento autonómico nun comunicado, no que sinala que esta documentación xa lle foi requerida ao alcalde en 2016, cando presentou a proposta, volveulla a reclamar en marzo de 2017 e tamén na entrevista que tiveron días pasados.

Segundo sinala a Consellería, esta documentación "é imprescindible para o estudo detallado da proposta presentada polo Concello, polo que de momento non existe ningún compromiso do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) de venda ao Concello de solo no parque empresarial de Tamagos". Recorda Infraestruturas que en 2016 o Concello presentou a posibilidade de desenvolver pola súa conta algo menos da metade da primeira fase do parque de Tamagos, pero aínda non presentou a documentación que lle solicitou o IGVS.

Te puede interesar