Empeza a Volta a España e Outariz segue descuidado

Está a piques de empezar a Volta a España pero temos o noso gran tesouro, o termalismo, totalmente descuidado. Un destes exemplos é Outariz. Non hai un local onde tomar algo, os baños públicos están moi lonxe, mal estado dos xardíns, escadas e pasarela oxidadas e cheas de pintadas.

Non podemos presumir a "bombo e platillo" dunha cidade que aposta polo termalismo para xerar beneficios pero nin repercute en postos de traballo, nin económicamente porque as caravanas non pagan nada por acampar, non hai buses suficientes un fin de semana e faltan carteis informativos. Dame vergoña que toda España, Europa e o mundo vexa coa volta a España que o noso grande tesouro termal está oxidado, descoidado. Na defensa de Ourense deberían olvidarse as loitas políticas e remar todos cara o mesmo lado.

Te puede interesar