Enfrontamento entre o dolar e o euro

Euro-dolar, dobre cara da moeda

O tan discutido euro xa se cotiza un 40 % máis ca moeda acuñada polo tio Sam.
Nunca antes resultou máis barato a adquisición da moeda americana o dolar. O tan discutido euro, na actualidade, xa se cotiza un 40 % máis ca moeda acuñada polo tio Sam.

A divisa americana segue a perder o folgo, algo nunca visto dende a existencia da nosa moeda europea. Esta circusntancia que, en principio non parece afectar o cidadán de a pé, sí repercute sensiblemente nalgúns dos sectores considerados como afortunados; así, de xeito concreto, as empresas relacionadas co espectáculo: cine ou televisión vense beneficiadas dunha bonanza económica na adquisición dos dereitos de emisión. As grandes constructoras españolas que desenrolar o seu traballo na construción de autoestradas e grandes aeroportos, tanto no propio Estados Unidos, como nas zonas Latinoamericanas, onde o dólar e o medio de pago; ou as inmobiiliarias españolas ante a facilidade de abrir novos mercados no territorio americano. Nembargantes os grandes beneficiarios da fortaleza do euro son as compañías enerxéticas que, trala importación do ouro negro, teñen que aportar menos cartos para a súa adquisición.

¿Pero quén son realmente os prexudicados ante a presencia dun euro forte? As cadeas hoteleiras do Vello Continente quen ante a puxanza do euro frean a chegada de turistas de fora da eurozona; as grandes empresas de explotación e fabricación de automóbiles e, sobre todo, o sufrido consumidor europeo que, día a día, ve reducido o seu patrimonio familiar. Por elo non é estraño cas empresas e os gobernos demanden ao Banco Central Europeo a baixada dos tipos de interese para, deste xeito, mellorar a equilibrista economía familiar ademais de moderar e frear a constante caída do dólar que permitirá a mellora nas exportacións.

Te puede interesar