Este Entroido que leva décadas funcionando, ve en perigo a súa permanencia.

O 'olvidado' Entroido de Vilaverde empeza a deíxarse ver nas redes sociais e internet.

Cartel Entroido de Vilaverde 2012
Entroido de Vilaverde
Trátase dun entroido que leva décadas funcionando, un entroido cunha tradición moi bonita, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de Febreiro en Vilaverde, un pobo situado no Concello de Melón. O día 20 pola noite, calquera se anime a achegarse o entroido de Vilaverde poderá disfrutar dos entremeses de forma gratuita que se levarán a cabo no Centro Cultural do pobo. Os veciños de Vilaverde, están intentando conservar o seu entroido deixándose ver polas diferentes redes sociais co seguinte nome: 'Entroido de Vilaverde' e en twitter co seguinte nome de usuario: @EDVilaverde. O día 'grande' deste entroido é o Martes de Carnaval, no que os dous pobos veciños(Vilaverde e Barcia), únense nunha especie de desfile de carrozas, acompañados da música das charangas e gaiteiros e de todo aquel que se anime a participar. Sén dúbida é un dos entroidos máis bonitos da provincia, pero que na actualidade está pasando por unha mala época debido a súa escasa promoción.

Te puede interesar